Feed

Guitry

Posted on abril 19th, 2008 in Citas by chousa

“Resulta un auténtico suplicio cando te privan dalgunha cousa; máis cando te privan de todo resulta un alivio”

Seméllase a aquelo de que canto máis teño, máis quero.

Bourdet

Posted on abril 13th, 2008 in Citas by chousa

“Na vida hai que optar por gañar diñeiro ou por gastalo: non hai tempo para as duas cousas”

Vita brevis e tempus fuggit. Aproveitaa…

Nietzsche

Posted on abril 9th, 2008 in Citas by chousa

“O que non me mata faime máis forte”

En versión galega: o que non mata, engorda!

Proverbio

Posted on abril 8th, 2008 in Citas by chousa

“A máis longa camiñata comeza cun pasiño”

Nada é insignificante cando forma parte dun todo.

J. Bruyère

Posted on abril 5th, 2008 in Citas by chousa

“Hai persoas que empezan a falar un intre antes de pensar”

Se os políticos leesen algo máis a Bruyère, rectificarían algo o seu comportamento.

Shakespeare

Posted on abril 3rd, 2008 in Citas by chousa

“Presta o oido a todos e a poucos a voz”

Ademáis, á xente gústame moito ser escoitada; co cal os beneficios han ser múltiples.

Faulkner

Posted on abril 1st, 2008 in Citas by chousa

“Pódese confiar nas malas persoas: non cambian nunca!”

Alomenos sabes por onde veñen…

Salomón

Posted on marzo 30th, 2008 in Citas by chousa

“A paciencia no ser humán é unha manifestación da sua sabiduría”

Pois semella que hoxe a sabiduría é un ben moi escaso, xa que non deixan amosala por ningures.

Dalí

Posted on marzo 28th, 2008 in Citas by chousa

“O problema da xuventude de hoxendía é que un xa non forma parte dela”

Semella que dende sempre houbo considerables e marcadas diferenzas xeracionais, por máis que nos semelle que as de hoxe son moi acusadas.

Comunicacións

Posted on marzo 27th, 2008 in Hoxendía by chousa

No meu último post comparei a chegada (suposta) do AVE a Galiza coa velocidade na que todos estamos inmersos nos últimos tempos. Esa premura de facer todo axiña e a sensación de “andar na brasa” sin moito xeito.
Claro que todos -dun xeito ou do outro- nos beneficiamos dos avances tecnolóxicos; pero hai cousas que precisan un chisco máis de humanidade, de calma, de tempo e de mesura para que acaden o nivel mínimo de eficacia e de calidade.
E, de paso, vainos mellor para a nosa estabilidade mental.

Presenza

Posted on marzo 26th, 2008 in Sen clasificar by chousa

De momento os contidos da Chousa seguen aloxados

aquí