Skip to content
Skip to search - Accesskey = s
“O home pode crer no imposible, pero xamais creerá no improbable”
Pois manda carallo co home!
Se vas moi apurado acabarás por alcanzar a desgracia; e se vas moi amodo vai ser ela quen te alcance a ti
Disque hai que atopar o equilibrio ata “camiñando”.
Poden amar os pobres, os tolos e ata os falsos, pero non poden os homes ocupados
Ergue a vista do rego oh, que hai algo máis que arar
A traxedia da vellez non consiste en ser vello; se non en que se é xove!
Decía un vello zapateiro de Antas que o día que o demo lle levou a forza, debera llevarlle tamén a intención. Pois iso…
Ollo por ollo, e o mundo ficará cego.
É dicir, que alguén ten que transixir, que se non a ver quen carallo nos cruza a acera.
Quen ten can, gato e muller sempre terá algo que aprender
[Nesto non vou comentar nadiña, que hai moita suspicacia co asunto. Limítome a recoller]
“A seducción é maldita; ainda que ise non é o menor dos seus encantos”
Que gratificante resulta o arte da seducción, por máis mala prensa que teña!!!
De momento os contidos da Chousa seguen aloxados
aquí