Feed

Comunicacións

Posted on marzo 27th, 2008 in Hoxendía by chousa

No meu último post comparei a chegada (suposta) do AVE a Galiza coa velocidade na que todos estamos inmersos nos últimos tempos. Esa premura de facer todo axiña e a sensación de “andar na brasa” sin moito xeito.
Claro que todos -dun xeito ou do outro- nos beneficiamos dos avances tecnolóxicos; pero hai cousas que precisan un chisco máis de humanidade, de calma, de tempo e de mesura para que acaden o nivel mínimo de eficacia e de calidade.
E, de paso, vainos mellor para a nosa estabilidade mental.