Skip to content
Skip to search - Accesskey = s
“A seducción é maldita; ainda que ise non é o menor dos seus encantos”
Que gratificante resulta o arte da seducción, por máis mala prensa que teña!!!
“Resulta un auténtico suplicio cando te privan dalgunha cousa; máis cando te privan de todo resulta un alivio”
Seméllase a aquelo de que canto máis teño, máis quero.
“Na vida hai que optar por gañar diñeiro ou por gastalo: non hai tempo para as duas cousas”
Vita brevis e tempus fuggit. Aproveitaa…
“O que non me mata faime máis forte”
En versión galega: o que non mata, engorda!
“A máis longa camiñata comeza cun pasiño”
Nada é insignificante cando forma parte dun todo.
“Hai persoas que empezan a falar un intre antes de pensar”
Se os políticos leesen algo máis a Bruyère, rectificarían algo o seu comportamento.
“Presta o oido a todos e a poucos a voz”
Ademáis, á xente gústame moito ser escoitada; co cal os beneficios han ser múltiples.
“Pódese confiar nas malas persoas: non cambian nunca!”
Alomenos sabes por onde veñen…