Einstein
Triste época a nosa!. Resulta máis doado desintegrar un átomo que un prexuizo.
E cada día segue máis vixente.
Rirse de todo é propio de cabestros; pero non rirse de nada é propio de estúpidos
O quilicuá da vida, vamos!
Triste época a nosa!. Resulta máis doado desintegrar un átomo que un prexuizo.
E cada día segue máis vixente.
Cando non é necesario tomar unha decisión, é necesario non tomar unha decisión.
Así andamos de cansos; que nin cando había que descansar desacansamos.
Un pesimista é un optimista ben informado.
Frase que nin pintada para os tempos que corren…
A verdade sempre resplandece ó final; cando xa marchou todo quisque
E se ti foches quen a dixo, sigue quedándoche a mesma cara de parvo
A sonrisa ten menos custe que a electricidade e, por riba, da máis luz
E nin fan falla proveedores de último recurso nin farrapos de gaita!. Riamos máis pois.
Experiencia é o nome que lle damos ás nosas equivocacións.
Entón os políticos teñen unha man de experiencia de moito carallo…
A felicidade agárdanos sempre en algures, pero coa condición de que non vaiamos na súa procura
Ela é así de pirucheira!
Todo o mundo se queixa da súa memoria, pero ninguén da sua intelixencia
Teño pouco nivel para comentar esta frase do franchute. Que conste que non é que me esquecera…
Quen pretende que a verdade non existe, pretende que iso sexa a verdade
…e o meu can mordíase o rabo!
Neste mundo nada hai certo, agás a morte e os impostos
Facenda somos todos e xa empezaron coa letanía do IRPF este ano…
Botade os prexuizos pola porta el volverán entrar pola fiestra
E que os prexuizos andan sempre tocando o…pensamento